Obradoiro: Técnica de tambor, impartido por Xoán Losada

Xoán Losada é un experimentado percusionista e gaiteiro ourensán, que se iniciou na música tradicional no ano 1990.Estudiou percusión clásica no Conservatorio Profesional de Ourense e na Escola Provincial de la Deputación de Ourense. Coma gaiteiro, formouse con Fernando Dopico.Na actualidade é mestre de percusión na Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia, e director musical da Banda de Gaitas titular da mesma.Ten impartido clases e dirixido varias bandas de Ourense. Tamén imparte clases particulares de batería no seu estudio, no que graba baterías e percusións para distintos proxectos, ademáis de grabar os videos para a súa canle de youtube: “Xoán Losada Drums”.Impartiu cursos de técnica de percusión en Asturias, Murcia, Barcelona, Suiza, etc…Conta con numerosos premios, tanto a nivel individual como colectivo.Na actualidade tamén colabora como probador para as marcas NPdrums, Amedia Cymbals e Balbex Drumstiks.Froito do seu estudio sobre a percusión, fabricou un modelo propio de baquetas para caixas de alta tensión.

Domingo 27 de marzo de 2022

De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: LUNS 21 DE MARZO

Información: 650 788 374 info@toxosefroles.com