Obradoiro: O pandeiro cadrado no Canizo e nas Cortellas

Traballaremos o repertorio de dúas mulleres tocadoras de pandeiro: Concha Luis Seoane, Concha do Canizo (A Gudiña), e María Grande Sobral, Maruxa das Cortellas (Soutomaior).

Os encargados de guiarnos no obradoiro van ser os investigadores Xulia Feixoo e Guillerme Inácio Costa.

  • Xulia Feixoo é a primeira etnomusicóloga titulada da Galiza, ademáis de historiadora da música e percusionista. A súa actividade investigadora céntrase no estudo e divulgación das músicas de tradición oral da Galiza, especialmente a interpretada por mulleres. Sobre esta temática publicou os libros Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro… (aCentral Folque, 2017); Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral (aCentral Folque, 2017) en colaboración con Guillerme Ignacio e, recentemente, Concha do Canizo. Este pandeiro que toco… (aCentral Folque, 2021). Pertence ao grupo de traballo Arredor da Tradición e ao comité asesor do Arquivo Sonoro de Galicia, do Consello da Cultura Galega.
  • Guillerme Inácio é diplomado en Educación Musical, mestre de música e canto tradicional e pandeireta en diversas asociacións. Cunha ampla experiencia na recolleita de tradición oral, foi asesor musical do programa Alalá da TVG e productor dunha serie de traballos divulgativos referidos ás fontes vivas da nosa tradición: José o Ghaiteiro do Piñeiro (Aldán, Cangas), Pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo), Pandeireteiras de Toutón (Mondariz), Músicas de tradición oral no Concello de Bueu (Elelelos). É autor do libro Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral (2017).

Domingo, 23 de febreiro de 2025

De 10:00 a 14:00

Prazas limitadas

Inscrición gratuita

Información: 650 788 374 info@toxosefroles.com