Calendario Actuacións

Xullo 2019 Agosto 2019 Setembro 2019
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 31 1 2 3 4
Week 32 5 6 7 8 9 10 11
Week 33 12 13 14 15 16 17 18
Week 34 19 20 21 22 23 24 25
Week 35 26 27 28 29 30 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Venres, 29 Abril 2011 21:00

III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos

 

 O Real Coro "Toxos e Froles" ven traballando dende o seu nacemento no ano 1915 en dar valor á nosa cultura popular galega, en tódalas súas manifestacións. O presente Congreso non é máis que outro gran de area da nosa longa historia para seguir a facer camiño de busca das nosas tradicións.

Agardámo-la vosa presenza para participar con nós desta experiencia, e dámo-lo noso máis sincero agradecemento a tódolos poñentes pola súa inestimable colaboración.

Dende o Real Coro "Toxos e Froles" tamén queremos dar as grazas a tódolos que fan posible que o Congreso se poida levar adiante. Especialmente, ao Coordinador do mesmo, Fernando Dopico Blanco.

Terá lugar os días 29 e 30 de abril de 2011; o acto de inauguración será o día 29 de abril ás 20:00 horas. No noso Local Social, na Rúa Magdalena, 220, en Ferrol.

 

Podes inscribirte enviándonos un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou ben por teléfono (650 788 374), antes do día 27 de abril

 

Podes atopar máis información neste enlace:

III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos

III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos

Programa III Congreso Terra de Trasancos

 
Venres, 01 Abril 2011 12:32

Solicitude de Actuacións da Diputación de A Coruña

 

Dende este momento podedes solicitar as actuacións das diferentes seccións do Real Coro "Toxos e Froles" (Coro, Grupo Instrumental, Cantareiras), a través dos convenios coa Diputación de A Coruña, cubrindo o modelo de formulario que podedes atopar neste enlace:

 

Modelo Solicitude de Actuacións Diputación de A Coruña

 

 

 
Venres, 21 Xaneiro 2011 21:00

Presentación dos Talleres de Teatro

 

O vindeiro venres 21 de xaneiro, ás 20:00 horas, no 1º andar do noso Lar Social, presentaremos a nova Escola de Teatro. Trátase dunha breve exposición na que explicaremos a tódolos interesados que queirades asistir cáles son as propostas desta nova Escola do Toxos.

Animádevos!

 

 

 
Sábado, 05 Marzo 2011 20:00

Asamblea Xeral Ordinaria do Real Coro "Toxos e Froles"

 

O vindeiro sábado 5 de marzal de 2011, terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria de Socios do Real Coro "Toxos e Froles"no 1º andar do Local Social, sito na Rúa Magdalena, 220, ás 19:00 horas en Primeira Convocatoria, e 19:30 horas en Segunda Convocatoria.

 Tódolos interesados poden ter máis información no Local do Toxos, dentro dos horarios de oficina.

 

 

 

Asamblea Xeral Ordinaria 2011
 
Sábado, 18 Decembro 2010 21:00

I Mostra de Coros CORALIMIA

 

O vindeiro sábado 18 de decembro estaremos actuando na I Mostra de Coros CORALIMIA, organizada pola Asociación Cultural Aimil Folc, de Xinzo de Limia

 

 

Coralimia 2010
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 18 de 21