Calendario Actuacións

Febreiro 2018 Marzo 2018 Abril 2018
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 10 1 2 3 4
Week 11 5 6 7 8 9 10 11
Week 12 12 13 14 15 16 17 18
Week 13 19 20 21 22 23 24 25
Week 14 26 27 28 29 30 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Sábado, 07 Xaneiro 2012 20:00

I Concurso de Baile Tradicional Galego

 

 

O Real Coro "Toxos e Froles" crea o I Concurso de Baile Tradicional Galego, para dar a coñecer o traballo das agrupacións que desenrolan o seu labor a prol de conservar e amosar unha parte importante da nosa cultura inmaterial.

O evento terá lugar o vindeiro día 7 de xaneiro de 2012, ás 19:00 horas, no Teatro Jofre de Ferrol.

 

As agrupación interesadas podedes incribirvos enviándonos por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) o formulario de inscripción, que podedes atopar aquí:

formulario de inscripción I Concurso de Baile Tradicional Galego

 

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do I Concurso de Baile Tradicional Galego


 

 
Sábado, 03 Decembro 2011 20:00

I Concurso de Dúos Gaita - Percusión

 

 

O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Dúos Gaita-Percusión para menores de 18 anos, co fin de dar a coñece-lo traballo que se está a realizar nas escolas de música tradicional e tamén como medio para que os xoves instrumentistas que están a vivi-las súas primeiras experienzas neste eido musical poidan darse a coñecer

 

 

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción I Concurso de Dúos Gaita - Percusión

 

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do I Concurso de Dúos Gaita - Percusión

I Concurso Duos Gaita - Percusion

 

 
Domingo, 11 Setembro 2011 01:00

Comenzo Escolas do Real Coro "Toxos e Froles"

 

Estes días estamos comenzando o novo curso escolar, coas Escolas máis representativas da nosa Entidade: Gaita, Baile, Cantareiras, Percusión, Teatro, Punteo, Bolillos e Bordado. Para tódalas edades.

 

Atoparás máis información na sección Escolas desta web.

 

Ainda estás a tempo de participar!

Curso 2010 - 2011
 
Domingo, 30 Outubro 2011 20:00

VII Ciclo de Coros Históricos

 

A partir do 9 de outubro, comenza o VII Ciclo de Coros Históricos, que, como cada ano, organiza o Coro Cántigas da Terra de A Coruña.

 

O Real Coro Toxos e Froles, como non podería ser de outra forma, participará neste evento o día 30 de outubro, no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Comenzará a actuación ás 19:00 horas.

 

 


 
Domingo, 29 Maio 2011 11:09

Festival 96 Aniversario do Real Coro Toxos e Froles



O vindeiro Domingo 29 de maio, ás 19:30 horas, no Teatro Jofre, o Real Coro "Toxos e Froles" celebrará o Festival para conmemorar o seu 96 Aniversario.

Queremos convidar a tódolos nosos amigos a que veñan a celebrar con nós neste Festival, no que faremos entrega do Premio "Manuel Lorenzo 2011" á Asociación Folklórica "Cantigas e Agarimos".

Contaremos coa participación dos seguintes grupos:

  • Asociación Folklórica "Cantigas e Agarimos", de Santiago de Compostela
  • Rancho das Rendilheiras da Praça, de Vila do Conde (Portugal)
  • Real Coro "Toxos e Froles"

As entradas están á vosa disposición dende o martes 17 de maio. Podedes recollelas nas taquillas do Teatro Jofre en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00, ou ben no noso Local Social da Rúa Magdalena 220, en horario de oficina. A entrada é gratuita.

Dexámosvos aquí o programa do Festival:

Programa Festival 96 Aniversario Toxos e Froles

Portada 96 aniversario
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 17 de 21