Calendario Actuacións

Febreiro 2018 Marzo 2018 Abril 2018
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 10 1 2 3 4
Week 11 5 6 7 8 9 10 11
Week 12 12 13 14 15 16 17 18
Week 13 19 20 21 22 23 24 25
Week 14 26 27 28 29 30 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Sábado, 08 Setembro 2012 01:00

Comenzo Escolas do Real Coro "Toxos e Froles"

 

Estes días estamos comenzando o novo curso escolar, coas Escolas máis representativas da nosa Entidade: Gaita, Baile, Cantareiras, Percusión, Teatro, Punteo, Bolillos e Bordado. Para tódalas edades.

 

Atoparás máis información na sección Escolas desta web.

 

Ainda estás a tempo de participar!

Curso 2010 - 2011
 
Domingo, 27 Maio 2012 20:00

Festival 97 Aniversario do Real Coro Toxos e Froles



O vindeiro Domingo 27 de maio, ás 19:00 horas, no Teatro Jofre, o Real Coro "Toxos e Froles" celebrará o Festival para conmemorar o seu 97 Aniversario.

Queremos convidar a tódolos nosos amigos a que veñan a celebrar con nós neste Festival, no que faremos entrega da Medalla de Ouro do Real Coro "Toxos e Froles" a Miguel Vázquez, abandeirado do Real Coro dende 1970.

Contaremos coa participación dos seguintes grupos:

  • Coral De Ruada
  • Asociación Cultural Donaire
  • Real Coro "Toxos e Froles"

 

Podedes recoller as invitacións tanto nas taquillas do Teatro Jofre en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00, como no noso Local Social da Rúa Magdalena 220, en horario de oficina.

A entrada é gratuita.

 

Dexámosvos aquí o programa do Festival:

Programa Festival 97 Aniversario Toxos e Froles

Cartaz 97 aniversario Toxos e Froles
 
Sábado, 24 Marzo 2012 20:00

I Concurso de Cuartetos

 

O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos. A final do concurso terá lugar o vindeiro 24 de marzo, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1500 euros. O prazo para a entrega das solicitudes é o 16 de marzo.

 

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción I Concurso de Cuartetos

 

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do I Concurso de Cuartetos

 
Sábado, 24 Marzo 2012 20:00

I Concurso de Cuartetos Tradicionais

 

Finalistas e orde de actuación


1. "Canle Dadá", de Nigrán

2. "Xente Nova", de Ferrol

3. "Paínho do Mal Tempo", de Pontevedra

4. "Os Picurruchos", de Lugo

5. "Chiquirindaina", de Pontevedra


O Concurso terá lugar o vindeiro Sábado 24 de Marzal, ás 19:00 horas, no Local Social do Real Coro "Toxos e Froles", rúa Magdalena 220, Ferrol.

A entrada é gratuita.


 
Sábado, 03 Marzo 2012 21:00

Asamblea Xeral Ordinaria do Real Coro "Toxos e Froles"

 

O vindeiro sábado 3 de marzal de 2012, terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria de Socios do Real Coro "Toxos e Froles", no 1º andar do Local Social, sito na Rúa Magdalena, 220, ás 20:00 horas en Primeira Convocatoria, e 20:30 horas en Segunda Convocatoria.

Tódolos interesados poden ter máis información no Local do Toxos, dentro dos horarios de oficina.

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 15 de 21