Calendario Actuacións

Xaneiro 2018 Febreiro 2018 Marzo 2018
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 6 1 2 3 4
Week 7 5 6 7 8 9 10 11
Week 8 12 13 14 15 16 17 18
Week 9 19 20 21 22 23 24 25
Week 10 26 27 28

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Sábado, 22 Febreiro 2014 21:30

III Concurso de Cuartetos

 

Por terceiro ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" organiza o III Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos.

A final do concurso terá lugar o vindeiro 22 de febreiro, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1200 euros. O prazo para a entrega das solicitudes remata o 14 de febreiro de 2014

 

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción III Concurso de Cuartetos

 

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do III Concurso de Cuartetos

 
Sábado, 25 Xaneiro 2014 21:30

CONCERTOS NO TOXOS


ACTUACIÓN

ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO

 

Continuamos cós Concertos das Xornadas de Cultura Aberta. O vindeiro concerto será o Sábado 25 de Xaneiro de 2014, ás 20:30 horas, a cargo de Óscar Ibáñez & Tribo.

 

 

Coma ven sendo habitual, dita actuación será no 1º andar do noso local da rúa Magdalena 220.

 

 

A entrada é libre e gratuita.

 

Contamos coa vosa presenza.

 

 
Venres, 20 Decembro 2013 22:30

Copa Nadal 2013

 

O Real Coro "Toxos e Froles" convida a tódolos seus socios e socias a unha copa de cava o vindeiro venres 20 de decembro, ás 21:30 horas, no 2ª andar do seu local social, na Rúa Magdalena. Haberá sorteos entre os socios e socias presentes: unha cesta de nadal, e máis dúas ceas para 4 persoas no Lar do Toxos.

Un ano máis, moitas grazas polo voso apoio!!!

Copa Nadal 2010

 

 

 

Bo Nadal!

 
Domingo, 10 Novembro 2013 20:00

III Concurso de Dúos Gaita - Percusión


O vindeiro Domingo 10 de Novembro, ás 19:00 horas, no noso local da rúa Magdalena 220, imos celebra-lo III Concurso de Dúos Gaita-Percusión para menores de 18 anos.

Os grupos seleccionados e a orde de actuación para esta 3ª edición son os seguintes:

  1. Do Vendaval (Muxía)
  2. Gabaxeiros da Castela (Ferrol)
  3. LuscoFusco (Narón)
  4. Furafoles (Xinzo de Limia)
  5. Os Feneses (Fene)
  6. Sons da Lareira (Valdoviño)


Mentras delibera o xurado, actuará o Cuarteto "Xente Nova".


A entrada é libre e gratuita. Estades convidados!!

I Concurso Duos Gaita - Percusion

 

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 21