Calendario Actuacións

Marzo 2019 Abril 2019 Maio 2019
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 14 1 2 3 4 5 6 7
Week 15 8 9 10 11 12 13 14
Week 16 15 16 17 18 19 20 21
Week 17 22 23 24 25 26 27 28
Week 18 29 30

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Sábado, 23 Maio 2015 20:00

CONFERENCIA: O por qué do Toxos e Froles no Ferrol de principios do S. XX


Antes das xornadas festivas da última fin de semana do mes de Maio, o vindeiro Sábado 23 de Maio ás 20:00 horas no 1º andar do noso local da rúa Magdalena 220, dentro dos actos de celebración do noso centenario, vai ter lugar unha conferencia para entender a importancia do Ferrol de principios do s. XX como cidade que viu nacer ao Real Coro “Toxos e Froles”.

Conferencia_O_porque_do_Toxos

Dita charla terá dúas vertentes, unha máis social e outra máis folklórica, aínda que converxendo no Toxos. Para elo con...taremos con Pedro Xosé Blanco Llano baixo o título “De que falamos, cando falamos de Toxos” e por Fernando Dopico Blanco con “Os gaiteiros na aurora do s.XX: arquetipos e utopías”.

Pedro Blanco foi corista, bailador e secretario do Real Coro “Toxos e Froles”. Gran coñecedor da historia dos inicios do Toxos, aproximaranos coas súas verbas á sociedade ferrolá deses primeiros anos do s. XX, o que nos fará entender como toda unha xente vinculada á burguesía, á construcción naval e á mariña, foron quenes de darlle vida á nosa cidade e participaron na creación de moitas das sociedades culturais que aínda hoxe en día están a levar a cabo a súa actividade. Contaranos como ese Ferrol estaba cheo de vitalidade e de inquedanzas sociais, culturais, musicais, poéticas, …; e como estas inquedanzas quedaron plasmadas tanto no nacemento de agrupacións como Airiños da Miña Terra, o Toxos e Froles, ou se levaron a cabo publicacións de libros, revistas, …

Fernando Dopico é mestre de gaita e percusión e Arquiveiro do Real Coro “Toxos e Froles”. A súa charla busca aproximarnos á faceta máis folklórica do Toxos, salientando a figura do seu gaiteiro fundador Manuel Lorenzo e a súa estreita relación persoal con outro gaiteiro ilustre, o pontevedrés Perfecto Feijoo, fundador de Aires da Terra, o primeiro Coro Galego.

Sen lugar a dúbidas, estas dúas conferencias achegarannos a entender a sociedade ferrolá da época e explicarán de xeito certo o nacemento do Toxos e Froles, a súa vinculación coa creación das Irmandades da Fala, a importancia do teatro na súa fundación, a posta en valor da música popular e o traxe galego, … cuxo modelo de actuación foi logo recollido por agrupacións posteriores tan relevantes hoxe como Cántigas da Terra (A Coruña), De Ruada (Ourense) e Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela).

A ENTRADA É LIBRE E GRATUITA!!!

 

PARTICIPA DO CENTENARIO DO REAL CORO TOXOS E FROLES!!!!

 


 

 
Sábado, 18 Abril 2015 20:30

CONCERTOS NO TOXOS:  AIRES DA TERRA O Legado de Feijóo


O vindeiro SÁBADO 18 DE ABRIL ÁS 20.30 HORAS actuará no 1° andar do noso local social da rúa Magdalena 220 o grupo "AIRES DA TERRA: O LEGADO DE FEIJOO".

Trátase dunha recreación do primeiro coro galego fundado por Perfecto Feijoo na cidade de Pontevedra e que serviu de modelo para os coros que nacemos a principios do s. XX; entre os que temos a honra de ser o decano e que neste ano estamos a cumprir o noso centenario.

"Aires da Terra: o legado de Feijoo" reinterpreta as pezas gravadas polo coro pontevedrés no ano 1904 e para elo empregan unha réplica da gaita de Feijoo que se atopa no Museo de Pontevedra e que é interpretada seguindo as pautas deixadas por Perfecto polo gaiteiro Suso Vaamande.

De seguro que será un grande concerto que nos trasladará ás inquedanzas estéticas daqueles homes que buscaban por en valor a nosa música tradicional.

Esperamos contar coa vosa presenza!!!



A ENTRADA É LIBRE E GRATUITA!!!



PARTICIPA DO CENTENARIO DO REAL CORO TOXOS E FROLES!!!!

Aires da Terra: O legado de Feijóo

 


 

 
Martes, 01 Marzo 2016 20:30

 

 

PRESENTACIÓN ACTIVIDADES CENTENARIO

 

Es socio do Toxos?
Formas ou formaches parte nalgún momento do Real Coro "Toxos e Froles"?
Cantaches no Coro?
Tocaches no grupo instrumental ou na banda de gaitas?
Bailaches? ...
Foches membro do grupo de cantareiras?
Actuaches no grupo de teatro?
Foches directivo?
Foches membro da gran familia do Toxos nestes 100 anos de vida?

 

O Toxos convídate a participar dunha reunión de todos os homes e mulleres que fixeron e fan posible que o Coro siga vivo.


Contamos coa túa presenza o VENRES 27 DE MARZO ÁS 20.30 HORAS no 1°andar do noso local social da rúa Magdalena 220 de Ferrol.
Presenteremos o programa de actividades do Centenario. De seguido, todos xuntos, tomaremos unha copa de viño e falaremos do pasado, presente e futuro da nosa entidade.


GUSTARÍANOS PODER CONTAR CON TODOS VÓS.


CÓNTALLO AOS TEUS COÑECIDOS QUE TAMÉN ESTIVERAN NO CORO!!!.


E lembra que está aberta a exposición 100 ANOS EN FOTOS. De seguro que estás nalgunha delas.


PARTICIPA DO CENTENARIO!!!


Actos Centenario: abril e maio

 
Sábado, 25 Abril 2015 19:00

 

Asamblea Xeral Ordinaria do Real Coro "Toxos e Froles"


Asamblea Xeral Ordinaria 2015

 

O REAL CORO "TOXOS E FROLES" convoca aos seus socios e socias á

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

SÁBADO 25 DE ABRIL DE 2015

19:00 horas en 1ª Convocatoria, e 19:30 en 2ª Convocatoria

 

Lugar: 1º andar do Local Social da rúa Magdalena, 220, Ferrol

 

Orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Informe de Presidencia
  • Aprobación balance económico 2014
  • Aprobación orzamento 2015
  • Rogos e preguntas

 

 


 

 
Venres, 28 Febreiro 2014 21:30

 

IV Concurso de Cuartetos

 

Por cuarto ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" organiza o IV Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos.

A final do concurso terá lugar o vindeiro 28 de febreiro, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1200 euros. O prazo para a entrega das solicitudes remata o 20 de febreiro de 2015

 

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción IV Concurso de Cuartetos

 

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do IV Concurso de Cuartetos

 

 

Dende o Real Coro "Toxos e Froles" queremos comunicar que o Concurso de Cuartetos que ía ter lugar o Sábado 28 de Febreiro non se vai celebrar por falla de inscripcións no mesmo.

Tentaremos voltar a levar a cabo esta iniciativa o ano que ven

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 21