Calendario Actuacións

Maio 2019 Xuño 2019 Xullo 2019
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 22 1 2
Week 23 3 4 5 6 7 8 9
Week 24 10 11 12 13 14 15 16
Week 25 17 18 19 20 21 22 23
Week 26 24 25 26 27 28 29 30

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Sábado, 24 Setembro 2016 17:00

OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DUN PANDEIRO CADRADO

Xosé Maceda

Obradoiro construccion dun pandeiro cadrado

O sábado 24 de Setembro, en horario de 17:00 a 21:00, organizamos un Obradoiro de construcción de pandeiro cadrado, impartido por Xosé Maceda.

Nós poñemos os materiais, e tí levas un pandeiro feito coas túas mans.

 

O prazo para apuntarse remata o Venres 16 de setembro. A inscripción é gratuita.

 

PRAZAS LIMITADAS!!!

 

Máis información en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 650 788 374

 


 

 
Mércores, 27 Abril 2016 10:00

 

Rede Cultural da Diputación de A Coruña


 

Un ano máis o Real Coro Toxos e Froles está inscrito na Rede Cultural da Deputación da Coruña. Neste ano 2016 dúas seccións forman parte deste programa: o Coro e o Grupo de Baile.

 

Se estades interesados a Clave da Entidade é 36/25, e a do Coro CA/100, e do Baile DT/455.

 

O noso contacto é 650 788 374 e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 

Podedes entrar neste enlace e poñer na "Entidade" Real Coro Toxos e Froles, e aí teredes toda a información:

https://www.dacoruna.gal/REDE_CULTURAL/GruposGl.jsp

 

 

Encantados que queirades contar con nós!!!

 

 


 

 
Sábado, 19 Marzo 2016 17:00

OBRADOIRO DE MÚSICA TRADICIONAL: SUSO VAAMONDE

"Afinación e ornamentación para gaita galega"


O sábado 19 de marzo, o Real Coro Toxos e Froles organiza o II Curso de Afinaciòn e Ornamentación de Gaita Galega, impartida polo afamado gaiteiro Suso Vaamonde"

 

O horario do Obradorio é de 17.00 a 21.00 horas.

 

Suso Vaamonde

Todos os interesados poderedes inscribirvos no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 

PRAZAS LIMITADAS!!!

Real Coro "Toxos e Froles": 100 anos traballando a prol da cultura galega.

 


 

 
Sábado, 23 Abril 2016 19:00

 

Asamblea Xeral Ordinaria do Real Coro "Toxos e Froles"


 

 

O REAL CORO "TOXOS E FROLES" convoca aos seus socios e socias á

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

SÁBADO 23 DE ABRIL DE 2016

19:00 horas en 1ª Convocatoria, e 19:30 en 2ª Convocatoria

 

Lugar: 1º andar do Local Social da rúa Magdalena, 220, Ferrol

 

Orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Informe de Presidencia
  • Aprobación balance económico 2015
  • Aprobación orzamento 2016
  • Renovación cargos da Xunta Directiva
  • Rogos e preguntas

 

 


 

 
Sábado, 27 Febreiro 2016 11:00

OBRADOIRO DE BAILE GALEGO: HENRIQUE PEÓN

"Introducción ao Baile da Muiñeira"


O sábado 27 de Febreiro teremos con nós de novo a Quique Peón. Despois de que no mes de outubro botaramos a andar o primeiro curso de Colocación Corporal para a Danza e o Baile Tradicional Galego, agora seguiremos da man do mestre Quique Peón cunha introducción ao Baile da Muiñeira.

O horario será de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00.

 

Henrique Peón

 

Todos os interesados poderedes informarvos no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou ben no teléfono 650 788 374

 

O OBRADOIRO É GRATUITO!!!  PRAZAS LIMITADAS!!!

 

Real Coro "Toxos e Froles": 101 anos traballando a prol da cultura galega dende Ferrol.

 

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 21