Calendario Actuacións

Abril 2019 Maio 2019 Xuño 2019
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 18 1 2 3 4 5
Week 19 6 7 8 9 10 11 12
Week 20 13 14 15 16 17 18 19
Week 21 20 21 22 23 24 25 26
Week 22 27 28 29 30 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Comenzo Escolas 2015-2016
Martes, 06 Outubro 2015 10:00

ESCOLAS DO TOXOS. CURSO 2015 - 2016

Comenzamos o 6 de outubro!!

Inscríbete nas Escolas do Toxos!!!

 

Clases de gaita, percusión e baile tradicional. Para tódalas idades e tódolos niveis.

 

Cursos totalmente gratuitos.

 

TOXOS: Cen anos de música tradicional en Ferrol

INFORMÁTE OU RESERVA XA A TÚA PRAZA!

Chama ao teléfono 650 788 374, ou envía os teus datos e escolas nas que estás interesado ao correo

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

HORARIOS curso 2015 / 2016

GAITA

NENOS NIVEL 1: Martes de 19:00 a 19:45

NENOS NIVEL 2: Martes de 19:45 a 20:30

ADULTOS NIVEL 1: Xoves de 19:30 a 20:30

ADULTOS NIVEL 2: Xoves de 20:30 a 21:30

BAILE TRADICIONAL

NENOS: Martes de 18:15 a 19:00

ADULTOS NIVEL 1: Xoves de 20:30 a 21:30

ADULTOS NIVEL 2: Xoves de 21:30 a 22:30

PANDEIRETA

NIVEL 1: Mércores de 20:15 a 21:00

NIVEL 2: Mércores de 21:00 a 21:45

NIVEL 3: Mércores de 21:45 a 22:30

PERCUSIÓN

Mércores de 20:15 a 21:15

 


 

 
Sábado, 14 Novembro 2015 17:00

OBRADOIRO DE MÚSICA TRADICIONAL: SUSO VAAMONDE

"Afinación e ornamentación para gaita galega"


Novo Obradoiro de Música Tradicional!

 

O SÁBADO 14 DE NOVEMBRO, Suso Vaamonde Manteiga estará con nós para impartir o curso titulado "Afinación e Ornamentación para gaita galega"

 

O horario do Obradorio é de 17.00 a 21.00 horas.

 

Suso Vaamonde

Todos os interesados poderedes inscribirvos no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 

PRAZAS LIMITADAS!!!

Real Coro "Toxos e Froles": 100 anos traballando a prol da cultura galega.

 


 

 
Sábado, 24 Outubro 2015 10:00

OBRADOIRO DE BAILE GALEGO: HENRIQUE PEÓN

"Colocación corporal para o baile e a danza tradicional galega"


O Real Coro "Toxos e Froles", dentro da súa oferta de actividade das escolas de baile e música tradicional, vai impulsar obradoiros específicos sobre algúns aspectos do noso folklore que sirvan para mellorar a técnica e o coñecemento das nosas tradicións.

 

SÁBADO 24 DE OUTUBRO imos comezar cun obradoiro de baile galego impartido por Henrique Peón baixo o título "Colocación corporal para o baile e a danza tradicional galega".

 

Dito cursiño impartirase en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

Henrique Peón

 

Todos os interesados poderedes inscribirvos no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 

O OBRADOIRO É GRATUITO!!!

PRAZAS LIMITADAS!!!

 

Real Coro "Toxos e Froles": 100 anos traballando a prol da cultura galega.

 

 

 
Venres, 29 Maio 2015 20:30

ACTOS DO CENTENARIO DO REAL CORO TOXOS E FROLES


FESTIVAL DO CENTENARIO

Venres  29 de maio, no Teatro Jofre, 20:30 horas

A entrada é gratuita; tedes que recoller as invitacións nas taquillas do Teatro.

 

ROMAXE DOS CEN ANOS

Sábado 30 de maio, na Praza de Amboaxe

Estarán con nós Os Melidaos, Vais Rañala Meu!!!, Cantigas e Agarimos, o Rancho da Praça, Cántigas da Terra e Treixadura.

Con carpa acondicionada!! Pulpo e carne ao caldeiro a prezos populares!!!

Festa sin parar, dende mediodía ata a medianoite!!!!

 
Sábado, 23 Maio 2015 20:00

CONFERENCIA: O por qué do Toxos e Froles no Ferrol de principios do S. XX


Antes das xornadas festivas da última fin de semana do mes de Maio, o vindeiro Sábado 23 de Maio ás 20:00 horas no 1º andar do noso local da rúa Magdalena 220, dentro dos actos de celebración do noso centenario, vai ter lugar unha conferencia para entender a importancia do Ferrol de principios do s. XX como cidade que viu nacer ao Real Coro “Toxos e Froles”.

Conferencia_O_porque_do_Toxos

Dita charla terá dúas vertentes, unha máis social e outra máis folklórica, aínda que converxendo no Toxos. Para elo con...taremos con Pedro Xosé Blanco Llano baixo o título “De que falamos, cando falamos de Toxos” e por Fernando Dopico Blanco con “Os gaiteiros na aurora do s.XX: arquetipos e utopías”.

Pedro Blanco foi corista, bailador e secretario do Real Coro “Toxos e Froles”. Gran coñecedor da historia dos inicios do Toxos, aproximaranos coas súas verbas á sociedade ferrolá deses primeiros anos do s. XX, o que nos fará entender como toda unha xente vinculada á burguesía, á construcción naval e á mariña, foron quenes de darlle vida á nosa cidade e participaron na creación de moitas das sociedades culturais que aínda hoxe en día están a levar a cabo a súa actividade. Contaranos como ese Ferrol estaba cheo de vitalidade e de inquedanzas sociais, culturais, musicais, poéticas, …; e como estas inquedanzas quedaron plasmadas tanto no nacemento de agrupacións como Airiños da Miña Terra, o Toxos e Froles, ou se levaron a cabo publicacións de libros, revistas, …

Fernando Dopico é mestre de gaita e percusión e Arquiveiro do Real Coro “Toxos e Froles”. A súa charla busca aproximarnos á faceta máis folklórica do Toxos, salientando a figura do seu gaiteiro fundador Manuel Lorenzo e a súa estreita relación persoal con outro gaiteiro ilustre, o pontevedrés Perfecto Feijoo, fundador de Aires da Terra, o primeiro Coro Galego.

Sen lugar a dúbidas, estas dúas conferencias achegarannos a entender a sociedade ferrolá da época e explicarán de xeito certo o nacemento do Toxos e Froles, a súa vinculación coa creación das Irmandades da Fala, a importancia do teatro na súa fundación, a posta en valor da música popular e o traxe galego, … cuxo modelo de actuación foi logo recollido por agrupacións posteriores tan relevantes hoxe como Cántigas da Terra (A Coruña), De Ruada (Ourense) e Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela).

A ENTRADA É LIBRE E GRATUITA!!!

 

PARTICIPA DO CENTENARIO DO REAL CORO TOXOS E FROLES!!!!

 


 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 21