Calendario Actuacións

Xullo 2018 Agosto 2018 Setembro 2018
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 32 1 2 3 4 5
Week 33 6 7 8 9 10 11 12
Week 34 13 14 15 16 17 18 19
Week 35 20 21 22 23 24 25 26
Week 36 27 28 29 30 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Domingo, 24 Marzo 2019 10:00

OBRADOIRO DE PANDEIRA

Impartido por Felisa Segade e Xermán Muiños

Obradoiro de pandeira

 

Xa vos podedes inscribir ao Obradoiro de Pandeira impartido por Felisa Segade e Xermán Muiños, que terá lugar o domingo 24 de marzo, no noso Lar, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

A inscrición é libre e gratuita, pero as prazas son limitadas!!!

 

Só tedes que enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , e xa vos indican os pasos a seguir.

 

O prazo para a inscrición remata o 15 de marzo!!!

 

 

 

 

 


 

 
Mércores, 20 Febreiro 2019 20:30

CONCERTO-PRESENTACIÓN DO LIBRO "O GAITEIRO DE SANTO XUSTO"

Bruno Villamor Gay

Bruno Villamor

O mércores 20 de Febreiro, ás 20:30 horas, estará con nós o gaiteiro Bruno Villamor para presentar o seu traballo "O Gaiteiro de Santo Xusto", e máis para tocar unhas pezas representativas desta súa investigación.

O acto terá lugar no 1º andar do noso local social da Rúa Magdalena, 220.

Coma sempre, a entrada será libre e gratuita!!!

 

Agardámosvos!!!

 

 

 

 

 


 

 
Sábado, 26 Maio 2018 20:30

FESTIVAL 103 ANIVERSARIO

 

Sábado 26 de Maio, 20:30 · Teatro Jofre · Ferrol

 

Festival de música, canto e baile tradicional galego, no que celebraremos os nosos 103 anos de vida e traballo en prol da cultura galega.

A entrada é gratuita; podedes recoller as invitacións na taquilla do Teatro Jofre a partir do martes 22 de maio.

Agardamos por vós!!!

 

Cartaz 103 Aniversario
 
Luns, 02 Xullo 2018 10:00

ESCOLAS DO TOXOS. CURSO 2018 - 2019

A partir de Outubro voltan as Escolas do Toxos de baile, gaita e percusión tradicional galega, e encaixe de bolillos

 

Escolas 2018 / 2019

 

 

Xa vos podedes apuntar ás Escolas do Toxos para o curso 2018-19. Son gratuitas!!!

Só tes que descargar o arquivo da folla de inscripción e enviárnola cuberta a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Si tes algunha dúbida tamén nos podes chamar ao teléfono 650 788 374

 

Para todas as idades e todos os niveis. Gaita, Baile Tradicional, Pandeireta, Percusión, ... Comenzaremos en outubro.

 

RESERVA XA A TÚA PRAZA!

 


 

HORARIOS PROVISIONAIS

BAILE TRADICIONAL

NENOS NIVEL 1 (de 3 a 7 anos): Martes de 18:15 a 19:00

NENOS NIVEL 2 (de 8 anos en adiante): Martes de 18:15 a 19:00

ADULTOS NIVEL 1: Xoves de 20:00 a 21:00

ADULTOS NIVEL 2: Xoves de 21:00 a 22:00

GAITA

NIVEL 1: Xoves de 19:00 a 20:00

NIVEL 2: Xoves de 20:00 a 21:00

NIVEL 3: Xoves de 21:00 a 22:00

PANDEIRETA

NIVEL 1: Mércores de 20:15 a 21:00

NIVEL 2: Mércores de 21:00 a 21:45

NIVEL 3: Mércores de 21:45 a 22:30

PERCUSIÓN

NIVEL 1: Mércores de 19:30 a 20:30

NIVEL 2: Mércores de 20:30 a 21:30

ENCAIXE DE BOLILLOS

Mércores de 16:30 a 19:30


Participa da vida do Toxos! Son 103 anos de traballo ininterrompido a prol da cultura galega en Ferrol!

 


 

 
Martes, 24 Abril 2018 20:00

PRESENTACIÓN DOS FONDOS DIXITALIZADOS DO REAL CORO "TOXOS E FROLES"

 

Martes 24 de abril de 2018, 20:00. 1º andar do Local Social · Ferrol

 

O Real Coro "Toxos e Froles" convídavos á presentación dos fondos do arquivo que foron dixitalizados nas últimas datas.

Trátase dunha iniciativa para conservar parte do patrimonio desta colectividade, a decana dos Coros Galegos, que xuntamente coa empresa Unayta e có patrocinio da Deputación de A Coruña, busca salvar e resgardar unha parte imprescindible para entender a música galega e ferrolá.

Presentacion dos fondos dixitalizados
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 20