Calendario Actuacións

Xaneiro 2018 Febreiro 2018 Marzo 2018
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 6 1 2 3 4
Week 7 5 6 7 8 9 10 11
Week 8 12 13 14 15 16 17 18
Week 9 19 20 21 22 23 24 25
Week 10 26 27 28

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Venres, 23 Decembro 2011 21:00

Copa Nadal 2011

 

O Real Coro "Toxos e Froles" convida a tódolos seus socios e socias a unha copa de cava o vindeiro venres 23 de decembro, ás 20:00 horas, no 2ª andar do seu local social, na Rúa Magdalena. Haberá un sorteo da cesta de nadal entre tódolos socios e socias presentes.

Un ano máis, moitas grazas polo voso apoio!!!

Copa Nadal 2010
 
Domingo, 04 Decembro 2011 01:00

I Concurso de Dúos de Gaita - Percusión para menores de 18 anos

Nota de prensa

 

I Concurso Duos Gaita - Percusion

O dúo "Foidesta", formado polos irmáns Santi e Laura López Suárez -de 15 e 17 anos-, gañou a primeira edición do Concurso de Gaita e Percusión para menores de idade, convocado polo "Toxos e Froles". Os rapaces forman parte da Asociación Cultural "Os Xeitosos", de Trazo (na provincia da Coruña), e interpretaron o "Alalá de Monterrei" e a "Jota de Recadadores". Impuxéronse a outras seis parellas, chegadas dende Xinzo de Limia, Lugo, Melide e Fene, nunha final moi competida e logo dunha "tensa e dura deliberación", segundo o portavoz do xurado. Os irmáns López Suárez levan uns oito anos na música tradicional, e onte participaban nun concurso de gaita e percusión por segunda vez na súa vida. Moi aplaudidos polo público cando se soubo o veredicto, conseguiron vencer os nervos, e amosábanse "moi ilusionados" polo resultado. Tamén subliñaron a categoría dos seus compañeiros, nunha proba "de moitísimo nivel".

 

O Toxos convocou este concurso, dotado con 600 euros, para dar a coñecer ós rapaces que estudan nas escolas de música e baile tradicional, futuros referentes do folk galego, ofrecendo ademáis un punto de encontro entre eles. O certame desenvolveuse con axilidade, xa que cada parella tiña un tempo máximo de cinco minutos para actuar. Pouco antes das oito, o xurado (formado por Arturo Lamas, Fernando Dopico e Andrés Tojeiro) retirouse a deliberar mentres o sexteto ferrolán De Xirité entretiña a un público moi animado e que enchía o salón de actos. Tras o fallo, os catorce rapaces tocaron xuntos a muiñeira A Camposa.

 

Desde o Toxos amosáronse moi satisfeitos pola resposta obtida nesta primeira convocatoria, e "emocionados" ante o calor dos espectadores que asistiron ó certame. "Para Ferrol e para Galicia, o Toxos é unha entidade cultural, e queremos facer, coma hoxe, que os nosos mozos poidan seguir o traballo de toda esta xente que temos detrás de nós dende 1914", apuntou Eliseo Zaera, presentador do Concurso.

O Toxos convocou tamén un Certame de Baile Tradicional, que se celebrará no Jofre o 7 de xaneiro. O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de decembro.

 
Venres, 30 Novembro 2012 21:00

Presentación do libro"El Marqués de Amboage. Ramón Pla y Monge, un ilustre ferrolano",

de Juan J. Burgoa Fernández

O vindeiro mércores 30 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar, na Sede do Real Coro Toxos e Froles (rúa Magdalena, 220, Ferrol), a presentación do libro "El Marqués de Amboage. Ramón Pla y Monge, un ilustre ferrolano", de Juan J. Burgoa Fernández.

A presentación estará a cargo de Eduardo Fra Molinero.

 

A entrada é libre e gratuita.

 

 
Sábado, 03 Decembro 2011 20:00

I Concurso de Dúos de Gaita - Percusión para menores de 18 anos

 

Finalistas e resultado do sorteo da orde de actuación

1. "Furafoles", de Xinzo de Limia (Ourense)

2. "Ronsel", de Lugo

3. "Foidesta", de Trazo (A Coruña)

4. "Entroideiros da Limia", de Xinzo de Limia (Ourense)

5. "Feiticeiras", de Melide (A Coruña)

6. "Os Feneses", de Fene (A Coruña)

7. "Lirolaio", de Xinzo de Limia (Ourense)

 

I Concurso Duos Gaita - Percusion

O Concurso terá lugar o vindeiro Sábado 3 de Decembro, ás 19:00 horas, no Local Social do Real Coro "Toxos e Froles", rúa Magdalena 220, Ferrol.

A entrada é gratuita.

 
Sábado, 07 Xaneiro 2012 20:00

I Concurso de Baile Tradicional Galego

 

 

O Real Coro "Toxos e Froles" crea o I Concurso de Baile Tradicional Galego, para dar a coñecer o traballo das agrupacións que desenrolan o seu labor a prol de conservar e amosar unha parte importante da nosa cultura inmaterial.

O evento terá lugar o vindeiro día 7 de xaneiro de 2012, ás 19:00 horas, no Teatro Jofre de Ferrol.

 

As agrupación interesadas podedes incribirvos enviándonos por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) o formulario de inscripción, que podedes atopar aquí:

formulario de inscripción I Concurso de Baile Tradicional Galego

 

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do I Concurso de Baile Tradicional Galego


 

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 16 de 21