Calendario Actuacións

Xaneiro 2018 Febreiro 2018 Marzo 2018
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 6 1 2 3 4
Week 7 5 6 7 8 9 10 11
Week 8 12 13 14 15 16 17 18
Week 9 19 20 21 22 23 24 25
Week 10 26 27 28

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Sábado, 26 Outubro 2013 19:00

V Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos

 

Un ano máis, o Real Coro "Toxos e Froles" organiza o Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos, para dar a coñecer a nosa cultura popular galega, en tódalas súas manifestacións

 

Agardámo-la vosa presenza para participar con nós desta experiencia, e dámo-lo noso máis sincero agradecemento a tódolos poñentes pola súa inestimable colaboración.

 

Terá lugar o día 26 de outubro de 2013, no noso Local Social, na Rúa Magdalena, 220, en Ferrol, a partir das 18:00 horas.

 

  • O canto, música e baile tradicional galego: Patrimonio Inmaterial da Humanidade
  • A oureveiría popular galega
  • Os instrumentos pobres na música tradicional galega
  • Exposición de xoiería popular galega

V Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos

 
Domingo, 10 Novembro 2013 20:00

III Concurso de Dúos Gaita - Percusión

 

 

Por terceiro ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu III Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos.

A final do concurso terá lugar no noso lar da Rúa Magdalena, o domingo 10 de novembro de 2013.

 

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción III Concurso de Dúos Gaita - Percusión

 

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do III Concurso de Dúos Gaita - Percusión

 

A data límite para a recepción das solicitudes é o venres 1 de Novembro de 2013

I Concurso Duos Gaita - Percusion

 

 
Sábado, 29 Xuño 2013 21:30

TOXOS: ESPALLANDO CULTURA

 


Taghaitaí

O Real Coro "Toxos e Froles", no marco do programa "Toxos: Espallando Cultura", ó grupo Taghaitaí, formado por Manolo Maseda, Edelmiro Fernández, Lola de Riveira e Iván Costa.

 

O concerto será o vindeiro Sábado 29 de Xuño, ás 20:30 horas, no noso Local Social, na rúa Magdalena 220.

 

Estades convidados!!!

 

 
Sábado, 21 Setembro 2013 21:30

ESCOLAS DO TOXOS. CURSO 2013 - 2014

 

Xa está aberto o prazo de matrícula nas áreas de Baile e Música Tradicional nas Escolas do Toxos. Infórmate chamando ao teléfono 650 788 374, ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

As clases comenzarán o 30 de setembro.


HORARIOS curso 2013 / 2014

Gaita Maiores:

Mércores de 20:30 a 22:00

Gaita Nen@s:

Mércores de 19:30 a 20:30

Percusión

Luns de 20:30 a 22:00

Pandeireta iniciación

Mércores de 20:30 a 21:30

Baile Maiores:

Luns de 19:00 a 20:30

 
Venres, 14 Xuño 2013 21:00

Presentación do Libro "En cadea sen prijon"


A sede do Real Coro "Toxos e Froles" será o lugar onde se presentará, o vindeiro Venres 14 de Xuño, ás 20:00 horas, o libro "En cadea sen prijon" - Poesía galega postrobadoresca (1380 - 1430 c.a.), do que é autor o profesor de filoloxía galega e portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela e actual Secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo Romero.


O acto é aberto ao público, e terá lugar no 1º andar do Local Social da rúa Magdalena 220.



Inmediatamente despois da presentación, celebrarase un coloquio - mesa redonda, na que intervirán o referido Henrique Monteagudo, así como Gabriel Quiroga Barro, técnico de arquivos no Arquivo de Galicia e co-autor do estudo introductorio do libro. Tamén estarán presentes no coloquio os prestixiosos estudiosos Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, Director do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" - CSIC; Pablo Otero Piñeyro Maseda, tamén do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" - CSIC; e actuará como moderador o investigador e arquiveiro do Real Coro "Toxos e Froles", Fernando Dopico Blanco.


"En cadea sen prijon" recolle un conxunto de vinte e tres composicións poéticas postrobadorescas inéditas, datadas entre finais do século XIV e primeiras décadas do século XV, que foron copiadas en Ferrol entre 1433-34, ademais de seis documentos que formaban parte dun libriño de rexistros notariais do escribán ferrolán Lopo García de Toar. Esta documentación achábase xunto con outra no arquivo da linaxe ferrolá dos Pita da Veiga, que, dende o Pazo de Mandiá, pasaron logo ó de Sedor (Arzúa), e máis tarde a Lugo. Un importantísimo fondo de ata 400 documentos, datados entre os séculos XV e XIX, que conservaba dona Pilar Iglesias Osorio, descendente desta familia. Unha gran parte deles, producidos ou redactados en Ferrol.

 

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 12 de 21