Calendario Actuacións

Decembro 2017 Xaneiro 2018 Febreiro 2018
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 2 1 2 3 4 5 6 7
Week 3 8 9 10 11 12 13 14
Week 4 15 16 17 18 19 20 21
Week 5 22 23 24 25 26 27 28
Week 6 29 30 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Sábado, 28 Outubro 2017 18:00

IX CONGRESO DE MÚSICA TRADICIONAL

O Real Coro Toxos e Froles organiza, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, o IX Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos".

Trátase dun espacio de diálogo no que se pretenden amosar aspectos menos coñecidas da tradición cultural galega, que neste ano 2017 teñen tres puntos principais: o pito pastoril galego, o baile popular e os cantos de cego.

 

Cartaz IX Congreso de Música Tradicional

IX Congreso: Efraím Díaz

IX Congreso: Miguel Mosquera

Efraím Díaz e Miguel Mosquera

IX Congreso: Luis Prego

 

Luis Prego é un dos máis afamados recompiladores e estudosos do folclore tradicional galego. Autor de "Para cantar e bailar", Ed. do Cumio, 2008 e "Xogos musicais" Ed. do Cumio, 2013. Comezou a súa andaina no mundo da danza en 1975 na escola de Lembranzas Galegas. Mestre de baile e música tradicional dende 1989. Foi director dos grupos O Fiadeiro e A Buxaina de Vigo, e do grupo Brincadeira de Santiago de Compostela. Na actualidade é director do Orfeón Mariñeiro do Berbés. Membro do grupo de música folk Ardentía, co cal ten publicados cinco traballos discográficos. É tamén xestor da páxina de Facebook “Música e baile de Galiza”.

 

 

IX  Congreso: Pancho Álvarez

 

E o encargado de pechar o IX Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos será un dos músicos galegos con maior proxección internacional: Pancho Álvarez.
Pancho Álvarez nace no Porriño e comeza a tocar a guitarra aos 10 anos. Estudia solfexo e violino no conservatorio de Vigo ao tempo que empeza a tocar no grupo "Na Lúa", no que permañecerá 15 anos. Con "Na Lúa" vai realizar as súas primeiras xiras pola Península, Sudamérica, Europa, ... Entre os anos 1985-1997 van gravar 6 discos.
A principios dos anos noventa forma parte do grupo "Matto Congrio" co que realiza concertos e a gravación dun disco co mesmo nome.
Nesta época tamén forma parte do Grupo "Tres" co que fai o disco "Paraíso de Leonor".

Mais será a partir do ano 1995 onde comeza a súa andaina co gaiteiro CARLOS NUÑEZ, facendo concertos por América, Europa, Asia e Australia pasando polos escenarios máis
emblemáticos do mundo como o Carnegie Hall, Ópera de Sidney...
Participa nos seus discos A IRMANDADE DAS ESTRELAS – 1997, AMORES LIBRES – 1999, MAIO LONGO – 2000, ALMAS DE FISTERRA – 2003, CARLOS NUÑEZ E AMIGOS (DVD en directo) -2004, CINEMA DO MAR – 2006, ALBORADA DO BRASIL - 2009.

Tamén grava na banda sonora da película de ALEJANDRO AMENÁBAR “MAR ADENTRO”.

Forma parte do show de THE CHIEFTAINS entre 1997 e 2005 facendo máis de 100 concertos por toda Norteamérica, Europa e Xapón. Con esta banda grava nos discos “SANTIAGO” -1996, premiado cun Grammy, e participa no “LIVE FROM DUBLIN A TRIBUTE TO DEREK BELL” – 2004, no “SAN PATRICIO” – 2010 e no “VOICE OF AGES” -2011.

En solitario produce e grava cinco discos:- FLORENCIO, O CEGO DOS VILARES – 1998 (Premio mellor disco folc europeo 1998 pola revista FOLK WORLD).
- NAS CORDAS – 2001
- SÓLIDOS GALICIANOS – 2009
- SONCHE ATLÁNTICO – 2012
- CELTIS AUSTRALIS-2017
Participa nos discos colectivos CANTIGAS DE NADAL-1998 e MAREA DE MÚSICA-2004.

 


 

 
Domingo, 15 Outubro 2017 10:00

 

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN DE MAN

Felisa Segade

Obradoiro de percusion de man_Felisa Segade

 

O vindeiro domingo 15 de outubro estará con nós Felisa Segade, para impartir un curso de Percusión de man, e achegarnos a eses instrumentos menos coñecidos empregados na nosa música tradicional: pandeiros, tixolas, culleres, cunchas, ...

 

O horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

 

Dende o ano 1976, Felisa Segade leva facendo traballos de recollida por toda a xeografía galega, material empregado logo tanto nas súas clases como formando parte do repertorio dos grupos nos que participa.

Na actualidade, é membro do Grupo de Baile e Música Brincadeira de Santiago de Compostela, cofundadora de Leilía e de Tres Pesos, de máis recente formación.

 

Para máis información podedes contactar con nós en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 650 788 374.

 

INSCRIPCIÓN LIBRE E GRATUITA. PRAZAS LIMITADAS

 

 

 

 

 


 

 
Domingo, 24 Setembro 2017 10:00

CURSO - RECURSOS INTERPRETATIVOS PARA BANDA DE GAITAS

Suso Vaamonde

Recursos interpretativos para banda de gaitas

O domingo 24 de setembro teremos con nós a Suso Vaamonde para facer un cursiño sobre o diálogo instrumental nunha banda de gaitas.

O horario é de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

 

Para máis información podedes contactar con nós en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 650 788 374.

 

INSCRIPCIÓN LIBRE E GRATUITA. PRAZAS LIMITADAS

 

 

 


 

 
Luns, 02 Outubro 2017 10:00

ESCOLAS DO TOXOS. CURSO 2017 - 2018

Inscríbete nas Escolas do Toxos!!!

 

 

Xa vos podedes apuntar ás Escolas do Toxos para o curso 2017-18. Son gratuitas!!!

Só tes que descargar o arquivo da folla de inscripción e enviárnola cuberta a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . E nós xa contactaremos contigo!!

 

Para todas as idades e todos os niveis. Gaita, Baile Tradicional, Pandeireta, Percusión, ... Comenzaremos o 2 de outubro.

 

Teremos una xuntanza de presentación das escolas, para tódolos participantes, o día mércores 27 de setembro, ás 20:30 horas.

 

 

 

Si tes algunha dúbida tamén nos podes chamar ao teléfono 650 788 374

RESERVA XA A TÚA PRAZA!

 


 

HORARIOS

GAITA

NENOS NIVEL 1: Martes de 19:00 a 19:45

NENOS NIVEL 2: Martes de 19:45 a 20:30

ADULTOS NIVEL 1: Xoves de 20:30 a 21:30

ADULTOS NIVEL 2: Xoves de 21:30 a 22:30

BAILE TRADICIONAL

NENOS: Martes de 18:15 a 19:00

ADULTOS NIVEL 1: Xoves de 20:30 a 21:30

ADULTOS NIVEL 2: Xoves de 21:30 a 22:30

PANDEIRETA

NIVEL 1: Mércores de 20:15 a 21:00

NIVEL 2: Mércores de 21:00 a 21:45

NIVEL 3: Mércores de 21:45 a 22:30

PERCUSIÓN

NIVEL 1: Mércores de 19:30 a 20:15

NIVEL 2: Mércores de 20:15 a 21:15


TOXOS: Cen anos de música tradicional en Ferrol

 


 

 
Sábado, 09 Setembro 2017 10:00

 

OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE PALLETAS

Jaime Pena

Obradoiro de construccion de palletas

 

O sábado 9 de setembro, o Real Coro "Toxos e Froles" organiza un Obradoiro de Construcción de palletas de Gaita Galega, impartido polo afamado artesán Jaime Pena.

O curso constará de 8 horas, repartidas mañá e tarde, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Coma sempre, e mentras poidamos, a inscripción é libre e gratuita; mais as prazas son limitadas.

A data límite de recepción de solicitudes é o 1 de setembro.

Para máis información podedes contactar con nós en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 650 788 374.

 

Este taller forma parte do programa "Toxos: espallando cultura", organizado polo Real Coro "Toxos e Froles" en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ferrol

 

 

 


 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 19