Calendario Actuacións

Outubro 2019 Novembro 2019 Decembro 2019
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 44 1 2 3
Week 45 4 5 6 7 8 9 10
Week 46 11 12 13 14 15 16 17
Week 47 18 19 20 21 22 23 24
Week 48 25 26 27 28 29 30

Colaboran

 

 

Síguenos en

Venres, 14 Xuño 2013 21:00

Presentación do Libro "En cadea sen prijon"


A sede do Real Coro "Toxos e Froles" será o lugar onde se presentará, o vindeiro Venres 14 de Xuño, ás 20:00 horas, o libro "En cadea sen prijon" - Poesía galega postrobadoresca (1380 - 1430 c.a.), do que é autor o profesor de filoloxía galega e portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela e actual Secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo Romero.


O acto é aberto ao público, e terá lugar no 1º andar do Local Social da rúa Magdalena 220.



Inmediatamente despois da presentación, celebrarase un coloquio - mesa redonda, na que intervirán o referido Henrique Monteagudo, así como Gabriel Quiroga Barro, técnico de arquivos no Arquivo de Galicia e co-autor do estudo introductorio do libro. Tamén estarán presentes no coloquio os prestixiosos estudiosos Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, Director do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" - CSIC; Pablo Otero Piñeyro Maseda, tamén do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" - CSIC; e actuará como moderador o investigador e arquiveiro do Real Coro "Toxos e Froles", Fernando Dopico Blanco.


"En cadea sen prijon" recolle un conxunto de vinte e tres composicións poéticas postrobadorescas inéditas, datadas entre finais do século XIV e primeiras décadas do século XV, que foron copiadas en Ferrol entre 1433-34, ademais de seis documentos que formaban parte dun libriño de rexistros notariais do escribán ferrolán Lopo García de Toar. Esta documentación achábase xunto con outra no arquivo da linaxe ferrolá dos Pita da Veiga, que, dende o Pazo de Mandiá, pasaron logo ó de Sedor (Arzúa), e máis tarde a Lugo. Un importantísimo fondo de ata 400 documentos, datados entre os séculos XV e XIX, que conservaba dona Pilar Iglesias Osorio, descendente desta familia. Unha gran parte deles, producidos ou redactados en Ferrol.