Calendario Actuacións

Xullo 2020 Agosto 2020 Setembro 2020
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 31 1 2
Week 32 3 4 5 6 7 8 9
Week 33 10 11 12 13 14 15 16
Week 34 17 18 19 20 21 22 23
Week 35 24 25 26 27 28 29 30
Week 36 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

Sábado, 25 Xaneiro 2020 19:00

XI  Congreso de Cultura Popular "Terra de Trasancos"

 

Este ano teremos novidades no Congreso "Terra de Trasancos". Queremos ir abrindo os campos de coñecemento sobre a nosa cultura popular e tradicional que se tratarán nas diversas charlas.

 



XI Congreso de Cultura Popular


Xosé Ramón Mariño Ferro

19:00. Xosé Ramón Mariño Ferro

"A Santa Compaña: función, contos e lendas"

 

Contaremos co doutor en Filosofía e Letras e mestre de Antropología Cultural na Universidade de Santiago, Xosé Ramón Mariño Ferro. Falaranos da "Santa Compaña", da súa función, dos seus contos e lendas, tentando afastarse da parte máis supersticiosa.




Felipe Senén López

20:00. Felipe-Senén López Gómez

"As variedades do Entroido en Galiza: tradición, innovación e aculturización"

 

Estamos a piques de escomezar o ciclo do Entroido, unha das manifestacións culturais máis característica do noso país.

Para falarnos del, o sábado 25 de Xaneiro teremos con nós ao arqueólogo Felipe Senén López; achegarémonos ás súas máscaras, disfraces, ritos, músicas, gastronomía...




Luis Pedraza

21:00. Luis Antonio Pedraza de Castro

"De man en man: frautas e tamborís na Provincia de Zamora"

 

Pois a última parada do Congreso "Terra de Trasancos" estará fóra da Galiza. Estamos convidados a viaxar ás melodías, ritmos, cantos,... da provincia de Zamora cos sons da frauta de tres buratos e o tamboril de Luis Pedraza.