Calendario Actuacións

Maio 2020 Xuño 2020 Xullo 2020
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 23 1 2 3 4 5 6 7
Week 24 8 9 10 11 12 13 14
Week 25 15 16 17 18 19 20 21
Week 26 22 23 24 25 26 27 28
Week 27 29 30

Colaboran

 

 

Síguenos en

Sábado, 06 Abril 2019 20:30

CONCERTO DE LA MUSGAÑA NO TOXOS

La Musgaña

 

 

Este sábado 6 de abril, a partir das 20:30 horas, estarán no local do Real Coro Toxos e Froles, o grupo de música folc La Musgaña.

 

Trátase, sen lugar a dúbidas, dun dos referentes da música popular e tradicional da Península, e centran o seu traballo máis concretamente nas músicas da Meseta.

 

Xa son 30 anos os que leva traballando esta formación musical, e ao longo deste tempo foron moitos os músicos que participaron deste proxecto. Na actualidade recuperan a formación primitiva de trío, cós seguintes instrumentistas:

Carlos Beceiro: mandola, guitarra acústica y zanfona.

Luis Antonio Pedraza: flauta de tres agujeros y tamboril, gaitas de Aliste y Sanabria, trompeta y percusión.

Jaime Muñoz: flautas, acordeón diatónico, clarinete y tambor.

 

No seu concerto farán un amplo percorrido pola música instrumental e as cancións da Meseta, profundizando na esencia da riquísima tradición e percurando, mediante composicións inéditas, novas formas estéticas sen perder de vista a herdanza cultural, chea de mestizaxe.

 

La Musgaña ten actuado por toda a Península, así como en Estados Unidos, Inglaterra, Italia, Marrocos, ..., levando a todos estes escenarios a tradición musical de Castela e León.