Calendario Actuacións

Agosto 2019 Setembro 2019 Outubro 2019
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 35 1
Week 36 2 3 4 5 6 7 8
Week 37 9 10 11 12 13 14 15
Week 38 16 17 18 19 20 21 22
Week 39 23 24 25 26 27 28 29
Week 40 30

Colaboran

 

 

Síguenos en

Domingo, 15 Outubro 2017 10:00

 

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN DE MAN

Felisa Segade

Obradoiro de percusion de man_Felisa Segade

 

O vindeiro domingo 15 de outubro estará con nós Felisa Segade, para impartir un curso de Percusión de man, e achegarnos a eses instrumentos menos coñecidos empregados na nosa música tradicional: pandeiros, tixolas, culleres, cunchas, ...

 

O horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

 

Dende o ano 1976, Felisa Segade leva facendo traballos de recollida por toda a xeografía galega, material empregado logo tanto nas súas clases como formando parte do repertorio dos grupos nos que participa.

Na actualidade, é membro do Grupo de Baile e Música Brincadeira de Santiago de Compostela, cofundadora de Leilía e de Tres Pesos, de máis recente formación.

 

Para máis información podedes contactar con nós en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 650 788 374.

 

INSCRIPCIÓN LIBRE E GRATUITA. PRAZAS LIMITADAS