OBRADOIRO DE PERCUSIÓN DE MAN
Felisa Segade

O vindeiro domingo 15 de outubro estará con nós Felisa Segade, para impartir un curso de Percusión de man, e achegarnos a eses instrumentos menos coñecidos empregados na nosa música tradicional: pandeiros, tixolas, culleres, cunchas, ...
O horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Dende o ano 1976, Felisa Segade leva facendo traballos de recollida por toda a xeografía galega, material empregado logo tanto nas súas clases como formando parte do repertorio dos grupos nos que participa.
Na actualidade, é membro do Grupo de Baile e Música Brincadeira de Santiago de Compostela, cofundadora de Leilía e de Tres Pesos, de máis recente formación.
Para máis información podedes contactar con nós en
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
, ou no teléfono 650 788 374.
INSCRIPCIÓN LIBRE E GRATUITA. PRAZAS LIMITADAS
|