Calendario Actuacións

Setembro 2017 Outubro 2017 Novembro 2017
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 39 1
Week 40 2 3 4 5 6 7 8
Week 41 9 10 11 12 13 14 15
Week 42 16 17 18 19 20 21 22
Week 43 23 24 25 26 27 28 29
Week 44 30 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

Domingo, 02 Abril 2017 10:00

OBRADOIRO DE MÚSICA TRADICIONAL: SUSO VAAMONDE

"Técnicas de acompañamento con pandeireta"

 

 

Un ano máis botamos a andar o programa "Xornadas de Cultra Aberta", organizado polo Real Coro Toxos e Froles, e no que colabora a Concellería de Cultura de Ferrol. O obxectivo do mesmo é achegar á xente a nosa cultura, en calquera das súas manifestacións.

A primeira actividade vaise desenrolar o Domingo 2 de Abril. Suso Vaamonde Manteiga vai impartir un obradoiro de pandeireta, no cal amosará e explicará o papel que xoga este instrumento no acompañamento das distintas formacións musicais que se poden atopar na nosa música tradicional (cantareiras, cuartetos, bandas de gaitas,...).

O horario será de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. A inscrición é gratuita. Por motivos organizativos e funcionamento do curso, se establece un máximo de 20 alumnos.

Se estás interesados en participar neste Obradoiro, contacta con nós no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 650 788 374.

 

CONTIDOS DO OBRADOIRO

  • O instrumento. Morfoloxía. Historia da pandeireta. O instrumento hoxe. Construcción. Tamaños.
  • Manipulación do instrumento. Coller o instrumento. Os movementos da pandeireta. Diferentes tipos de toques e a súa correcta execución: puño, man aberta, golpes no aro, tipos de riscados, tocar nas ferreñas, "riscar" fóra do parche, facer mordentes,....
  • Funcións da pandeireta. Acompañar a voz. Acompañar un instrumento melódico distinto da gaita (violino, zanfona, ...). Acompañar a gaita.
  • O estilo actual da pandeireta. Os grupos de pandereteiras. Os cuartetos. Sincronización con outras seccións de percusión: tambores, bombos,... As "bandas de gaitas".
  • Recursos da pandeireta para acompañar un instrumento melódico. Por imitación. Por oposición. O silencio. A dinámica.

Proposta didáctica para unha representación gráfico-musical dos toques da pandeireta galega do hoxe: simbología xustificada.

Os alumnos terán a posibilidade de tocar con dez pandeiretas diferentes (tamaño, construcción, artesáns,...).

Durante o curso aprenderase a tocar melodías con estas técnicas, sobre música gravada, e a ler partituras para pandeireta.

 

Real Coro Toxos e Froles: 102 anos traballando a prol da cultura galega dende Ferrol