Calendario Actuacións

Xuño 2020 Xullo 2020 Agosto 2020
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 27 1 2 3 4 5
Week 28 6 7 8 9 10 11 12
Week 29 13 14 15 16 17 18 19
Week 30 20 21 22 23 24 25 26
Week 31 27 28 29 30 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

Venres, 28 Outubro 2016 17:00

TOXOS, FERROL E AS IRMANDADES DA FALA

Congreso extraordinario Terra de Trasancos


O Concello de Ferrol, o Real Coro "Toxos e Froles" e a Real Academia Galega, organizan o Congreso Extraordinario "Terra de Trasancos", os días 28 e 29 de outubro, baixo o título "Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala".

 

Neste ano 2016, no que se celebra o 100 aniversario da creación das Irmandades da Fala, o Real Coro Toxos e Froles leva adiante esta iniciativa na que busca salientar tanto o papel xogado pola nosa Entidade, coma a doutros persoeiros ferroláns, na difusión do ideario irmandiño.

 

O programa do Congreso está conformado por mesas redondas, charlas e tamén aportacións de investigadores que queiran achegar os seus traballos a través de comunicacións, seguindo as bases do programa.

 

Para calquera aclaración podedes contactar con nós en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 650 788 374.

 

Ide reservando as datas, que cremos que son importantes para entender a historia da nosa cidade, Ferrol, e de Galiza.

 

COMUNICACIÓNS

INFORMACIÓN PARA ESTUDIANTES

 

Descarga o folleto do Congreso aquí

 

Toxos e Froles: máis de 100 anos traballando a prol da cultura galega