Calendario Actuacións

Xullo 2019 Agosto 2019 Setembro 2019
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 31 1 2 3 4
Week 32 5 6 7 8 9 10 11
Week 33 12 13 14 15 16 17 18
Week 34 19 20 21 22 23 24 25
Week 35 26 27 28 29 30 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

Sábado, 23 Maio 2015 20:00

CONFERENCIA: O por qué do Toxos e Froles no Ferrol de principios do S. XX


Antes das xornadas festivas da última fin de semana do mes de Maio, o vindeiro Sábado 23 de Maio ás 20:00 horas no 1º andar do noso local da rúa Magdalena 220, dentro dos actos de celebración do noso centenario, vai ter lugar unha conferencia para entender a importancia do Ferrol de principios do s. XX como cidade que viu nacer ao Real Coro “Toxos e Froles”.

Conferencia_O_porque_do_Toxos

Dita charla terá dúas vertentes, unha máis social e outra máis folklórica, aínda que converxendo no Toxos. Para elo con...taremos con Pedro Xosé Blanco Llano baixo o título “De que falamos, cando falamos de Toxos” e por Fernando Dopico Blanco con “Os gaiteiros na aurora do s.XX: arquetipos e utopías”.

Pedro Blanco foi corista, bailador e secretario do Real Coro “Toxos e Froles”. Gran coñecedor da historia dos inicios do Toxos, aproximaranos coas súas verbas á sociedade ferrolá deses primeiros anos do s. XX, o que nos fará entender como toda unha xente vinculada á burguesía, á construcción naval e á mariña, foron quenes de darlle vida á nosa cidade e participaron na creación de moitas das sociedades culturais que aínda hoxe en día están a levar a cabo a súa actividade. Contaranos como ese Ferrol estaba cheo de vitalidade e de inquedanzas sociais, culturais, musicais, poéticas, …; e como estas inquedanzas quedaron plasmadas tanto no nacemento de agrupacións como Airiños da Miña Terra, o Toxos e Froles, ou se levaron a cabo publicacións de libros, revistas, …

Fernando Dopico é mestre de gaita e percusión e Arquiveiro do Real Coro “Toxos e Froles”. A súa charla busca aproximarnos á faceta máis folklórica do Toxos, salientando a figura do seu gaiteiro fundador Manuel Lorenzo e a súa estreita relación persoal con outro gaiteiro ilustre, o pontevedrés Perfecto Feijoo, fundador de Aires da Terra, o primeiro Coro Galego.

Sen lugar a dúbidas, estas dúas conferencias achegarannos a entender a sociedade ferrolá da época e explicarán de xeito certo o nacemento do Toxos e Froles, a súa vinculación coa creación das Irmandades da Fala, a importancia do teatro na súa fundación, a posta en valor da música popular e o traxe galego, … cuxo modelo de actuación foi logo recollido por agrupacións posteriores tan relevantes hoxe como Cántigas da Terra (A Coruña), De Ruada (Ourense) e Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela).

A ENTRADA É LIBRE E GRATUITA!!!

 

PARTICIPA DO CENTENARIO DO REAL CORO TOXOS E FROLES!!!!