Martes, 01 Marzo 2016 20:30 |
|
PRESENTACIÓN ACTIVIDADES CENTENARIO
Es socio do Toxos? Formas ou formaches parte nalgún momento do Real Coro "Toxos e Froles"? Cantaches no Coro? Tocaches no grupo instrumental ou na banda de gaitas? Bailaches? ... Foches membro do grupo de cantareiras? Actuaches no grupo de teatro? Foches directivo? Foches membro da gran familia do Toxos nestes 100 anos de vida?
O Toxos convídate a participar dunha reunión de todos os homes e mulleres que fixeron e fan posible que o Coro siga vivo.
Contamos coa túa presenza o VENRES 27 DE MARZO ÁS 20.30 HORAS no 1°andar do noso local social da rúa Magdalena 220 de Ferrol. Presenteremos o programa de actividades do Centenario. De seguido, todos xuntos, tomaremos unha copa de viño e falaremos do pasado, presente e futuro da nosa entidade.
GUSTARÍANOS PODER CONTAR CON TODOS VÓS.
CÓNTALLO AOS TEUS COÑECIDOS QUE TAMÉN ESTIVERAN NO CORO!!!.
E lembra que está aberta a exposición 100 ANOS EN FOTOS. De seguro que estás nalgunha delas.
PARTICIPA DO CENTENARIO!!!

|
|