Sábado, 26 Outubro 2013 19:00 |
V Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos
Un ano máis, o Real Coro "Toxos e Froles" organiza o Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos, para dar a coñecer a nosa cultura popular galega, en tódalas súas manifestacións
Agardámo-la vosa presenza para participar con nós desta experiencia, e dámo-lo noso máis sincero agradecemento a tódolos poñentes pola súa inestimable colaboración.
Terá lugar o día 26 de outubro de 2013, no noso Local Social, na Rúa Magdalena, 220, en Ferrol, a partir das 18:00 horas.
- O canto, música e baile tradicional galego: Patrimonio Inmaterial da Humanidade
- A oureveiría popular galega
- Os instrumentos pobres na música tradicional galega
- Exposición de xoiería popular galega
|

|
|