Calendario Actuacións

Outubro 2018 Novembro 2018 Decembro 2018
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 45 1 2 3 4
Week 46 5 6 7 8 9 10 11
Week 47 12 13 14 15 16 17 18
Week 48 19 20 21 22 23 24 25
Week 49 26 27 28 29 30

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Venres, 21 Decembro 2012 21:00

Copa Nadal 2012

 

O Real Coro "Toxos e Froles" convida a tódolos seus socios e socias a unha copa de cava o vindeiro venres 21 de decembro, ás 20:00 horas, no 2ª andar do seu local social, na Rúa Magdalena. Haberá sorteos de regalos entre tódolos socios e socias presentes.

Un ano máis, moitas grazas polo voso apoio!!!

Copa Nadal 2010

 
Sábado, 08 Decembro 2012 20:00

II Concurso de Dúos de Gaita - Percusión para menores de 18 anos

 

Finalistas e resultado do sorteo da orde de actuación

1. "Furafoles", de Xinzo de Limia (Ourense)

2. "Os Xaramiños", de Muxía (A Coruña)

3. "A Garita", de Fene (A Coruña)

4. "Os Argalleiros", de Fene (A Coruña)

 

I Concurso Duos Gaita - Percusion

O Concurso terá lugar o vindeiro Sábado 8 de Decembro, ás 19:00 horas, no Local Social do Real Coro "Toxos e Froles", rúa Magdalena 220, Ferrol.

A entrada é gratuita.

 
Sábado, 20 Outubro 2012 19:00

IV Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos

 

 

O Real Coro "Toxos e Froles" ven traballando dende o seu nacemento no ano 1915 en dar valor á nosa cultura popular galega, en tódalas súas manifestacións. O presente Congreso non é máis que outro gran de area da nosa longa historia para seguir a facer camiño de busca das nosas tradicións.

 

Agardámo-la vosa presenza para participar con nós desta experiencia, e dámo-lo noso máis sincero agradecemento a tódolos poñentes pola súa inestimable colaboración.

 

Terá lugar o día 20 de outubro de 2012, no noso Local Social, na Rúa Magdalena, 220, en Ferrol.

 

  • 18:00. Inauguración do Congreso
  • 18:15. Milladoiro. "A música tradicional e máis alá"
  • 19:00. Obradoiro Seivane. "Paixón pola Gaita"
  • 20:00. Mini e Mero. "Da recollida á interpretación da nosa música"

 

Descarga o programa do Congreso: IV Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos

 

III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos

 

 
Martes, 30 Outubro 2012 20:00

II Concurso de Dúos Gaita - Percusión

 

 

Por segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos

Esta iniciativa busca servir de axuda aos novos instrumentistas galegos na búsqueda de experienza á hora de enfrentarse a un público, xurado, ... o que sen dúbida resultará proveitoso para o seu futuro como músicos.

Ademáis, pensamos que pode ser un punto de encontro das diferentes inquedanzas e métodos de traballo das escolas de música tradicional que na actualidade están a realizar a súa actividade para conservar as nosas músicas e tradicións.

E o Real Coro "Toxos e Froles", a agruación folklórica máis antiga de Galiza, pretende, a través das súas actividades, ser un altofalante e espallador da nosa cultura, e en especial, no terreo da música.

 

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción II Concurso de Dúos Gaita - Percusión

 

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do II Concurso de Dúos Gaita - Percusión

I Concurso Duos Gaita - Percusion

 

 
Sábado, 08 Setembro 2012 01:00

Comenzo Escolas do Real Coro "Toxos e Froles"

 

Estes días estamos comenzando o novo curso escolar, coas Escolas máis representativas da nosa Entidade: Gaita, Baile, Cantareiras, Percusión, Teatro, Punteo, Bolillos e Bordado. Para tódalas edades.

 

Atoparás máis información na sección Escolas desta web.

 

Ainda estás a tempo de participar!

Curso 2010 - 2011
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 20