Calendario Actuacións

Setembro 2020 Outubro 2020 Novembro 2020
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 40 1 2 3 4
Week 41 5 6 7 8 9 10 11
Week 42 12 13 14 15 16 17 18
Week 43 19 20 21 22 23 24 25
Week 44 26 27 28 29 30 31

Colaboran

 

 

Síguenos en

NOVAS
Luns, 02 Outubro 2017 10:00

ESCOLAS DO TOXOS. CURSO 2017 - 2018

Inscríbete nas Escolas do Toxos!!!

 

 

Xa vos podedes apuntar ás Escolas do Toxos para o curso 2017-18. Son gratuitas!!!

Só tes que descargar o arquivo da folla de inscripción e enviárnola cuberta a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . E nós xa contactaremos contigo!!

 

Para todas as idades e todos os niveis. Gaita, Baile Tradicional, Pandeireta, Percusión, ... Comenzaremos o 2 de outubro.

 

Teremos una xuntanza de presentación das escolas, para tódolos participantes, o día mércores 27 de setembro, ás 20:30 horas.

 

 

 

Si tes algunha dúbida tamén nos podes chamar ao teléfono 650 788 374

RESERVA XA A TÚA PRAZA!

 


 

HORARIOS

GAITA

NENOS NIVEL 1: Martes de 19:00 a 19:45

NENOS NIVEL 2: Martes de 19:45 a 20:30

ADULTOS NIVEL 1: Xoves de 20:30 a 21:30

ADULTOS NIVEL 2: Xoves de 21:30 a 22:30

BAILE TRADICIONAL

NENOS: Martes de 18:15 a 19:00

ADULTOS NIVEL 1: Xoves de 20:30 a 21:30

ADULTOS NIVEL 2: Xoves de 21:30 a 22:30

PANDEIRETA

NIVEL 1: Mércores de 20:15 a 21:00

NIVEL 2: Mércores de 21:00 a 21:45

NIVEL 3: Mércores de 21:45 a 22:30

PERCUSIÓN

NIVEL 1: Mércores de 19:30 a 20:15

NIVEL 2: Mércores de 20:15 a 21:15


TOXOS: Cen anos de música tradicional en Ferrol

 


 

 
Domingo, 24 Setembro 2017 10:00

CURSO - RECURSOS INTERPRETATIVOS PARA BANDA DE GAITAS

Suso Vaamonde

Recursos interpretativos para banda de gaitas

O domingo 24 de setembro teremos con nós a Suso Vaamonde para facer un cursiño sobre o diálogo instrumental nunha banda de gaitas.

O horario é de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

 

Para máis información podedes contactar con nós en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 650 788 374.

 

INSCRIPCIÓN LIBRE E GRATUITA. PRAZAS LIMITADAS

 

 

 


 

 
Mércores, 14 Xuño 2017 20:30

CONCERTO - PRESENTACIÓN DO DISCO "AIRES DE PONTEVEDRA"

Óscar Ibáñez

Disco Aires de Pontevedra

O mércores 14 de xuño, ás 20:30 horas, Óscar Ibáñez vai levar a cabo un Concerto - Presentación do seu último traballo discográfico, "Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela", no que tocará a gaita propiedade de Ricardo Portela, coa que o gaiteiro de Viascón gravou os seus discos.

Mércores 14 de xuño, 20:30 horas, no nóso local na Rúa Magdalena, 220, Ferrol.

 

 

ENTRADA GRATUITA!!!

 

 

 


 

 
Sábado, 09 Setembro 2017 10:00

 

OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE PALLETAS

Jaime Pena

Obradoiro de construccion de palletas

 

O sábado 9 de setembro, o Real Coro "Toxos e Froles" organiza un Obradoiro de Construcción de palletas de Gaita Galega, impartido polo afamado artesán Jaime Pena.

O curso constará de 8 horas, repartidas mañá e tarde, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Coma sempre, e mentras poidamos, a inscripción é libre e gratuita; mais as prazas son limitadas.

A data límite de recepción de solicitudes é o 1 de setembro.

Para máis información podedes contactar con nós en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 650 788 374.

 

Este taller forma parte do programa "Toxos: espallando cultura", organizado polo Real Coro "Toxos e Froles" en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ferrol

 

 

 


 

 
Domingo, 14 Maio 2017 11:30

 

Asamblea Xeral Ordinaria do Real Coro "Toxos e Froles"


 

 

O REAL CORO "TOXOS E FROLES" convoca aos seus socios e socias á

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

DOMINGO 14 DE MAIO DE 2017

11:30 horas en 1ª Convocatoria, e 12:00 horas en 2ª Convocatoria

 

Lugar: 1º andar do Local Social da rúa Magdalena, 220, Ferrol

 

Orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Informe de Presidencia
  • Aprobación balance económico 2016
  • Aprobación orzamento 2017
  • Aprobación da concesión de Honras e Distincións 2017
  • Rogos e preguntas

 

 


 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 21